As Neves: requeixo e mel

O requeixo e o mel do Condado e A Paradanta, no sur da provincia de Pontevedra, estarán de festa ao longo de toda a Semana Santa, con mesas redondas, cursiños e degustacións. É a XVIII Festa do Requeixo e do Mel.

O programa gastronómico comeza o luns 6 de abril cunha mesa redonda sobre “Produtos artesáns e desenvolvemento do territorio” na que participarán representantes de Leite O Alle, galletas mariñeiras Daveiga, Asociación Galega de Turismo Rural, Cooperativa de Viño de Rubiós, adegas A Luz e a cooperativa do Requeixo e o Mel das Neves.

O martes haberá un cursiño de cociña con requeixo.

E o venres será o día grande da festa, con feira e degustación de requeixo. Pola mañá acompañado de mel da zona, e pola tarde cos viños de Rubiós. O programa completo da festa pódese ver na web do Concello de As Neves

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *