Reláxate e goza

BarrilesFai xa moitos anos un descerebrado inventou un lema, referido á violación de mulleres, que viña a dicir que ante o inevitable reláxate e goza. Merecía unhas ostias.

Hoxe os xornais espértanme con titulares do mesmo tipo: mellor viño e máis turistas é a conclusión que debemos sacar os galegos do cambio climático. Reláxate e goza. O dos turistas estaría ben, e o dos mellores viños tamén pero ¿cal vai ser o custe de ambas cousas?.

Para facer mellores viños Galicia non precisa cambio climático. E moito menos se nos din que na vitivinicultura galega a gran prexudicada vai ser a variedade albariño, precisamente a que lle deu sona mundial ao viño galego. Xustifícase a aseveración dicindo que o cambio do tempo permitirá plantar en Galicia variedades tintas de alta calidade.

Inda que non lle poñan nome a esas variedades de “alta calidade” entendo eu que se están a referir a todas esas que andan de moda por España e polo mundo adiante, que si, producen viños de alta calidade, pero que moitas veces semellan clónicos.

Variedades de alta calidade temos en Galicia en cantidade máis que suficiente. E son variedades que levan entre nos centos e centos de anos, polo que xa as chamamos autóctonas. Somos a zona de España con máis variedades autóctonas. Probablemente máis que o resto da península toda xunta, polo simple feito de que os musulmáns nunca ocuparon este país e os seus preceptos relixiosos non acabaron coa viticultura, como pasou no resto de España.

O viño galego non precisa cambio climático. Precisa investimento, investigación, traballo e imaxinación. Exactamente o que lle están botando moitos adegueiros e enólogos nos últimos tempos, acadando co seu traballo a consolidación da idea que hai no país, e polo mundo adiante, de que os nosos brancos están entre os mellores do mundo e que os tintos galegos teñen diante de si un mundo de posibilidades. Non o digo eu, dino os máis grandes catadores e expertos, que sempre falan de que o mellor do viño galego está na súa tipicidade.

O viño galego non precisa cambio climático, e menos se iso lle custa perder todo ou parte do seu carácter propio, ademais de que perdamos outro froito selecto do país, esta vez froito das nosas rías e costas: peixes e mariscos.

Quen redactou o informe si precisa unhas clases. E que alguén lle axude a saír da rioxitis na que seguro vive inmerso

4 thoughts on “Reláxate e goza

  • 01 de Abril de 2009 at 13:56 01Wed, 01 Apr 2009 13:56:17 +000017.
    Permalink

    totalmente de acordo contigo Miguel, eu quedei pasmado co titular… e xa non seguín lendo…

    Reply
  • 01 de Abril de 2009 at 15:42 03Wed, 01 Apr 2009 15:42:09 +000009.
    Permalink

    Acojonante. “Pahabernosmatao”

    Reply
  • 01 de Abril de 2009 at 19:33 07Wed, 01 Apr 2009 19:33:15 +000015.
    Permalink

    Miguel, éste no es un problema sólo gallego, es general. Es resultado de la trivialidad con que se ha cubierto el tema de vinos y gastronomía al haber tenido tanta repercusión mediática. Como todo mundo puede comer y beber, se piensa que todo el mundo puede escribir sobre vino y gastronomía y no es así. A nadie se le ocurre poner a periodistas de vino y gastronomía a cubrir noticias de negocios o de política. ¿Por qué entonces sí se considera a sicólogos, periodistas de farándula o decoradores aptos para escribir sobre vino y gastronomía? Esta mañana yo me desperté en mi país con otro artículo parecido a tu caso, uno sobre vinos orgánicos con una serie de chorradas que no te cuento. Por economías muchos medios prescinden de los servicios de gente como algunos de nosotros, que tenemos un poquito más de conocimiento sobre la materia, entonces la poca cobertura que hoy día se sigue asignando a estos temas, está plagada de errores y horrores. Es una pena, es precisamente en momentos como éste que los sectores de vino y gastronomía necesitan de gente que realmente entienda lo que está pasando para poder atender adecuadamente las necesidades del mercado y orientarle.

    Reply
  • 01 de Abril de 2009 at 19:50 07Wed, 01 Apr 2009 19:50:35 +000035.
    Permalink

    Por cierto otra nota. El cambio climático favorece o desfavorece. Yo puedo decir que el año pasado gracias al dichoso cambio muchas bodegas se las vieron negras en vendimia por una maduración de uva que no llegaba, aparte de menores volúmenes por mucha uva que se dañó. Me encantaría que consigueras copia del estudio y publicaras en Colineta los datos más relevantes, creo que sería muy interesante leer qué dice en su totalidad y conocer los comentarios de los bodegueros.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *