Santiago Repetirás

O programa Santiago Repetirás rematou o 21 de marzo cunha cata de cervexas e queixo da denominación de orixe Tetilla, despois de cinco meses de actividades dirixidas a nenos e maiores.

Máis de 700 persoas pasaron polos talleres de Santiago Repetirás, procedentes de Galicia, do resto de España e de países como Alemaña, Italia, Francia, Bélxica, Brasil ou Estados Unidos.

Un total de 25 actividades se desenvolveron entre os meses de novembro de 2008 e este mes de marzo. Talleres de cociña para nenos, nos que os máis pequenos da casa cociñaron da man de monitores expertos en cociña san, para deseguido merendar o froito do seu traballo; catas dirixidas de viños das cinco denominacións de orixe galegas e cervexa, tamén galega, xunto con queixos das catro denominacións de orixe existentes no país, conservas do mar e embutidos de porco celta; e cinco talleres nos que os participantes realizaron a compra na praza de abastos de Santiago de Compostela, dirixidos por un cociñeiro de primeira fila, para a continuación cociñalo e degustalo. Iago Castrillón, Beatriz Sotelo, Marcelo Tejedor, Pepe Solla e Pedro Roca foron os cociñeiros que compartiron os seus segredos culinarios cos participantes nos talleres.

Do éxito da iniciativa falan as moitas peticións de participación recibidas cando xa os cupos estaban cubertos ou os comentarios dos participantes nas catas, talleres infantís e merco e cociño

3 thoughts on “Santiago Repetirás

  • 23 de Marzo de 2009 at 12:42 12Mon, 23 Mar 2009 12:42:49 +000049.
    Permalink

    Foi todo un éxito… ¡as miñas felicitacións!

    Unha aperta

    Reply
  • 23 de Marzo de 2009 at 19:54 07Mon, 23 Mar 2009 19:54:05 +000005.
    Permalink

    E xa que estamos co tema, aue aproveito para che lembrar que estamos agardando impacientes polas receitas do “Merco e cociño”. Que longa se fai a espera!! Pero seguro que obtemos boa recompensa. Non te esquezas de nÓoos.

    Unha aperta

    Reply
  • 30 de Marzo de 2009 at 08:53 08Mon, 30 Mar 2009 08:53:39 +000039.
    Permalink

    Estimado Miguel:

    Ante todo quero felicitar esta iniciativa, sobre todo polo feito de facer unha decidida aposta polo turismo gastronómico, que non podemos esquencer que posiblemente sexa un dos que máis futuro poden ter (non depende do bo tempo, senón do bo facer dunha serie de profesionais moi comprometidos co seu oficio). Pero si quero facer unha queixa. Unha parte desta iniciativa era amosar unha serie de menús e tapas relacionadas tanto coa cociña de inverno como coa cociña de culler, e foi un fracaso. Eu podo falar polo noso local (o Garum Bistró), que decididamente apostou por esta iniciativa, propoñendo (creo) uns menús e unhas tapas bastante suxerentes; dando (dentro dos seus medios) a maior difusión posible, etc… pero nos atopamos que así como si houbo moita difusión doutras actividades; esta pasou sen pena nen gloria. Danos a impresión que para a organización foi moito máis importante amosar a praza de abastos (darlle publicidade na prensa, nas radios e nos informativos locais) que publicitar a oferta dos distintos establecementos. A pesar de todo, quero felicitar esta iniciativa e dicir que en futuras iniciativas estaremos encantados de participar, ainda con mais ganas se cabe.

    Unha aperta e moitas felicidades polo blog que sempre e moi estimulante.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *