Altares de Postmarcos, o primeiro Viño da Terra de Barbanza e Iria
Altares de Postmarcos, da adega Entre os RÃos, será o primeiro viño que saia ao mercado baixo o amparo da denominación Viños da Terra de Barbanza e Iria. Trátase dun viño elaborado con uvas da variedade albariño, que pasou quince meses en cubas de aceiro inoxidable dende a súa elaboración ata o envasado. Sairán ao mercado 15.000 botellas.