A última cea

En outubro do ano pasado un científico norteamericano chegou á conclusión de que Leonardo Da Vinci pintou no seu cadro “A última cea” un menú con anguía. E saquei o tema en Colineta. E volvín despois cunha fotomontaxe sobre o asunto. Aí morreu o asunto.

Pero dende hai uns días as miñas estatísticas dinme que cada día chegan a Colineta moitas visitas que buscan información sobre ese cadro de Leonardo, que tivo en vida unha relación moi directa coa cociña.

Pensei que se trataba de estudantes que buscaban información para un traballo escolar, pero hoxe fálanme dun xornal que está traballando nun especial no que doce cociñeiros propoñerán outros tantos pratos, pensando cada un deles nun dos Apóstolos. Santiago, claro está, tócalle a un cociñeiro galego. E como houbo dous Santiago (o maior e o menor), pois na montaxe haberá dous cociñeiros da terra. ¡E ata aquí poido ler!

One thought on “A última cea

  • 19 de Marzo de 2009 at 21:19 09Thu, 19 Mar 2009 21:19:34 +000034.
    Permalink

    Noraboa polo “Periodista Distinguido Gallaecia”. Unha aperta.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *