Unha cunca de bo Ribeiro

RúaMestura galego e castelán e este feito máis un acento raro deixa entrever que non se trata dun natural de Galicia. Fala na radio sobre a súa taberna, na que segue a vender cuncas de viño porque é unha tradición que lle gusta e lle desgusta ver como se perde irremediablemente.

Escoitándoo concordo na mágoa que supón perder o que durante moito tempo foi sinal de identidade dos galegos acodados na barra da taberna e penso se non queda no país un viño razoable que poida servirse en cunca sen caer naquela purrela ponzoñosa de antano. Habería que darlle unhas voltas a este asunto.

Como vou no coche, camiño da comida organizada en Cambre pola asociación de sumilleres Gallaecia, estou a piques de parar nun momento en que a sintonía da radio parece que se vai. Pero rápido se recupera e sigo a escoitar as razóns de Mohamed, un marroquí de Tanxer, para estar en Galicia e servir viño en cunca. O caldo non lle vai moito, asegura, pero vexo como lle escintilan os ollos cando fala do marisco.

  • ¿E como lle veu vostede os ollos se di que o ía escoitando pola radio?
  • Home Filomeno, vostede sempre á que salta. Iso é unha licencia poética, pero o certo é que as palabras de Mohamed se volven máis cálidas e vibrantes cando fala do marisco
  • Xa¡

Pois Mohamed, Moja para o seu público tabernario. Rexenta un dos reductos composteláns da cunca: o bar Calpe. Situado nunha pequena calexa á entrada da cidade vella, raro é o turista que pasa por alí. Eu fixen un día a foto que ilustra o post sen coñecer a historia de Moja… calquera día destes paso tomarlle “unha cunca de bo viño do Ribeiro“. Palabra.

Outras tabernas:

3 thoughts on “Unha cunca de bo Ribeiro

  • 18 de Marzo de 2009 at 21:39 09Wed, 18 Mar 2009 21:39:09 +000009.
    Permalink

    Os meus avós viven a 50 metros e os meus tíos, que son dez irmáns (nove varóns), nas xuntanzas familiares tiñan un percorrido que ía desde a Praciña de Fonterrabía, no desaparecido San Rafael, ó Bar Club, xa na Rúa do Peso, o Calpe e o tamén desaparecido Buraquiño. E de alí, percorrido á inversa de tazas polo Buraquiño, o Calpe, O Club e o San Rafael de volta á casa.

    Non sei se seguirá a ser habitual, pero falaban estupendamente da súa tapa de empanada.

    Reply
  • 18 de Marzo de 2009 at 22:57 10Wed, 18 Mar 2009 22:57:36 +000036.
    Permalink

    El regalo del ejemplar que sea firmado, no?

    Me encanta la idea de participar en sorteos de esta manera, sin 906 ni cosas de esas.
    Abrazso

    Reply
  • 19 de Marzo de 2009 at 00:13 12Thu, 19 Mar 2009 00:13:35 +000035.
    Permalink

    Pues no se quien va a firmar el libro, porque yo no tengo nada que ver con la edición del mismo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *