Ovos Aurora en 1933

Aproveitando un momento libre, esta mañá visitei a exposición sobre a historia da radio en Galicia que se atopa na Fundación Caixa Galicia (Rúa do Vilar, Santiago de Compostela) e na que se fai un repaso sobre a radio no noso país, dende os comezos ata hoxe mesmo.

E entre os moitos documentos expostos atopei este programa do “banquete popular” ofrecido a Xosé Mosquera Pérez, o vello dos contos, un dos primeiros colaboradores da radio en Galicia.

Aquel 18 de xuño de 1933 o menú compúxose de entremeses variados, huevos Aurora, merluza a la mariñera, cabrito asado, ensalada, copa helado Carmen, fruta, blanco y tinto Rivero, café y cognac, cigarros. O banquete tivo lugar no Hotel Compostela.

Intrigado polos huevos Aurora púxenme a buscar nos libros da época e non din con eles, pero multitude de webs publican a mesma receita, ás veces baixo o título de huevos Bella Aurora: trátase de ovos cocidos e reenchidos coa súa propia xema relada e mesturada con bechamel, para posteriormente ser cubertos con máis bechamel mesturada con salsa de tomate e finalmente cubertos de queixo relado antes de ir ao forno.

Sobre a copa helado Carmen non atopei nada fiable. E do resto pouco hai que dicir.

One thought on “Ovos Aurora en 1933

  • 17 de Marzo de 2009 at 23:46 11Tue, 17 Mar 2009 23:46:55 +000055.
    Permalink

    No Escoffier aparecen “Huevos pochés Aurora”: “Presentados sobre rebanadas de pan fritas con mantequilla en el momento de servir. Rociar con salsa aurora (velouté con salsa de tomate)”

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *