Gallaecia entregou os premios “Distinguidos”

Por sorte non estamos en época de abducións extraterrestres ou os encargados das mesmas non se fixaron na xuntanza do día 15 de marzo nas instalacións de Finca El Cenador, no coruñés concello de Cambre, porque de telo feito Galicia quedaba irremediablemente sen viño, ou polo menos sen os seus mellores viños.

Nese lugar e data a asociación de sumilleres Gallaecia entregou os “Distinguidos”, premios que cada ano conceden aos viños mellor puntuados polos seus catadores.

En 2008 participaron no concurso 389 viños e augardentes galegos, dos que 92 chegaron á final. Participaron no mesmo 51 catadores de Galicia, Madrid, León, País Vasco e Andalucía, que percorreron 35.000 quilómetros para realizar as catas.

A lista de premiados pódese consultar na web de Gallaecia para comprobar como en Cambre se atopaba o mellor do viño galego.

Fora e concurso entregaron tamén os títulos de “Distinguidos” a diversas persoas vinculadas ao mundo do viño ou relacionadas coa asociación. Nesta edición o “Periodista Distinguido Gallaecia” foi Miguel Vila. Gracias polo que me toca

FOTO: Xurxo Rivas, presidente de Gallaecia.

12 thoughts on “Gallaecia entregou os premios “Distinguidos”

  • 16 de Marzo de 2009 at 19:00 07Mon, 16 Mar 2009 19:00:37 +000037.
    Permalink

    Moi merecido!!!. Noraboa

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 19:04 07Mon, 16 Mar 2009 19:04:06 +000006.
    Permalink

    Parabéns ós premiados!

    Viva o queixo do Cebreiro!!

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 19:18 07Mon, 16 Mar 2009 19:18:24 +000024.
    Permalink

    parabéns aos gallaeci premiados

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 19:22 07Mon, 16 Mar 2009 19:22:34 +000034.
    Permalink

    Éstos son sin duda de las distinciones con mayor credibilidad del sector. Me alegra ver que coincido en muchos vinos con los seleccionados por los sumilleres, que dan cuenta del buen trabajo que se está realizando en Galicia.

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 21:31 09Mon, 16 Mar 2009 21:31:04 +000004.
    Permalink

    Noraboa miguel

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 21:53 09Mon, 16 Mar 2009 21:53:40 +000040.
    Permalink

    Como bien dicen por arriba la credibilidad de los premios en Galicia supera con creces al resto del territorio nacional…….

    SALUT Y Noraboa¡¡¡¡

    Reply
  • 17 de Marzo de 2009 at 00:18 12Tue, 17 Mar 2009 00:18:13 +000013.
    Permalink

    Parabéns!

    Un saúdo

    Reply
  • 17 de Marzo de 2009 at 08:18 08Tue, 17 Mar 2009 08:18:45 +000045.
    Permalink

    Noraboa e unha aperta.

    Reply
  • 17 de Marzo de 2009 at 19:54 07Tue, 17 Mar 2009 19:54:10 +000010.
    Permalink

    eso,eso, viva o queixo e os libros sobre o queixo do Cebreiro, noraboa!

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » Unha cunca de bo Ribeiro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *