Bandullo

Sobre o bandullo, vincha, tripón doce, deventre, buxo na vixiga… levo escrito moito en Colineta, nos meus libros e nos xornais e tamén falado moito na radio, pero traio o tema aquí unha vez máis para recomendar dous traballos alleos, publicados no blog Cocino en casa. Nun caso trátase dunha receita desta sobremesa para facer en molde (se non hai vexiga de porco pódese empregar un molde de forno). O outro é unha moi completa explicación sobre o mesmo e os seus antecedentes históricos.

Comentarios con premio

2 thoughts on “Bandullo

  • 12 de Marzo de 2009 at 23:49 11Thu, 12 Mar 2009 23:49:09 +000009.
    Permalink

    Este ano estivemos en Cerdedo seguindo a túa recomendación, onde fixemos a nosa pequena aportación ao tema da vincha cun video caseiro no que grabamos a dúas das cociñeiras da asociación de Mulleres Espadela, organización que está a facer un magnífico traballo de recuperación desta tradición gastronómica (seica con pouco apoio do Concello).

    http://turismodepontevedra.blogspot.com/2009/02/vincha-de-cerdedo.html

    Unha aperta.

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 20:07 08Mon, 16 Mar 2009 20:07:29 +000029.
    Permalink

    En mi pueblo de Barbantes cuando se hacía la matanza hinchaban una especie de vejiga a con la que jugabamos los y las niñas y llamábamos “vincha” (-también se colgaba durante tiempo en la chimenea ( no sé conque motivo ni para qué)
    Al estómago del cerdo se lellamaba y llama “bandullo” en mi pueblo se salaba y se tomaba simplemente con los demás ingredientes del caldo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *