¿Suben ou baixan?

Sempre pensei que dispoñer dun produto de excelente calidade era un requisito básico para a alta cociña. E sigo pensando o mesmo malia que algúns se empeñen en dicir o contrario.

Escoito aos cociñeiros máis famosos de España e do mundo enteiro falar da importancia do produto nas súas elaboracións e de como se volven tolos por atopar cada día materia prima excelente.

Pero despois algúns veñen a Galicia e o discurso cambia: os cociñeiros galegos teñen una dificultade engadida para facer alta cociña, que non é outra que a enorme calidade da nosa materia prima, din. ¿En que quedamos, arre o xo?.

O primeiro que tal dixo, hai xa algún tempo, foi Sergi Arola nunhas declaracións ao xornal, pero nos últimos días lin o mesmo argumento dúas veces: a primeira a Albert Adriá, a segunda en Gastroeconomía, un dos blogs do xornal Expansión.

E quédame a dúbida de si para destacar na alta cociña é mellor ter á man produtos de mediocre calidade ou convén irse a un lugar onde estes abunden. Tamén se suben ou baixan ¡e iso que non son galegos!

2 thoughts on “¿Suben ou baixan?

  • 12 de Marzo de 2009 at 19:59 07Thu, 12 Mar 2009 19:59:59 +000059.
    Permalink

    Ja Ja Ja. Efectivamente. ¡Y eso que no son gallegos!
    A mí, sinceramente, me parece que es una tremenda suerte el disponer de la cabaña, la huerta y el mar que tiene Galicia.
    Un saludo

    Roberto

    Reply
  • 17 de Marzo de 2009 at 09:19 09Tue, 17 Mar 2009 09:19:31 +000031.
    Permalink

    Pues yo pienso que esta afirmación no es del todo erronea. Por supuesto que para elaborar una buena cocina es necesario un buen producto, pero cuando el producto no es bueno sino insuperable la intervencion culinaria tiene que ser mínima y practicamente se reduce a la que hacian nuestros antecesores prehistoricos acercando un alimento al fuego, y de esa forma es dificil obtener reconocimiento como cocinero.
    Saludos
    Jesús Jiménez

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *