Santiago acollerá unha semifinal do concurso “Cocinero del Año”

A terceira semifinal do Concurso Cocinero del Año celebrarase en Santiago de Compostela o día 15 de abril e na mesma poderán participar cociñeiros de Galicia, Asturias e Cantabria. A elección de Santiago para esta semifinal é unha homenaxe a Beatriz Sotelo, a cociñeira galega que en 2008 se converteu na Cocinera del Año na final estatal que tivo lugar en Barcelona.

Os cociñeiros que desexen participar no concurso deberán enviar as súas receitas á organización antes do 25 de marzo. Un xurado elixirá dez das receitas presentadas, que serán as que participen na semifinal en Compostela.

O concurso terá lugar nas instalacións da Escola Superior de Hostalería  e en paralelo haberá clases maxistrais e ponencias impartidas por chefs de gran nivel, segundo anuncian os organizadores.

Gañar a semifinal que se celebrará en Santiago confire o dereito a participar na final que terá lugar en Barcelona, no marco da feira Alimentaria 2010, e na que se enfrontarán os gañadores de tódalas semifinais territoriais. Polo momento xa están clasificados para a final Víctor Ibáñez, do restaurante La Venta de Barcelona e José Carlos Fuentes da Hostería Palatece Rural La Seda de Santomera (Murcia), gañadores das semifinais celebradas en Barcelona e Alacante.

6 thoughts on “Santiago acollerá unha semifinal do concurso “Cocinero del Año”

  • 10 de Marzo de 2009 at 23:19 11Tue, 10 Mar 2009 23:19:56 +000056.
    Permalink

    Boa noite, unha preguntiña que de seguro vostede a sabe.
    Para asistir como publico que requerimentos piden, para as ponencias sobre todo
    grazas

    Reply
  • 12 de Marzo de 2009 at 01:02 01Thu, 12 Mar 2009 01:02:10 +000010.
    Permalink

    Miguel, ¿podremos asistir a esas clases magistrales?
    Berta

    Reply
  • 12 de Marzo de 2009 at 10:30 10Thu, 12 Mar 2009 10:30:00 +000000.
    Permalink

    Tal como me indican los organizadores, las clases magistrales y ponencias estarán abiertas al público. Prevén su inicio hacia las tres de la tarde del día 15. Es necesario inscribirse previamente llamando al 93 487 62 00

    Reply
  • 15 de Marzo de 2009 at 11:29 11Sun, 15 Mar 2009 11:29:22 +000022.
    Permalink

    Gracias Miguel. Chamarei cedo.

    Berta

    Reply
  • 15 de Marzo de 2009 at 19:43 07Sun, 15 Mar 2009 19:43:36 +000036.
    Permalink

    Berta, chama xa, non esperes ao mesmo día.

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 22:55 10Mon, 16 Mar 2009 22:55:17 +000017.
    Permalink

    Gracias por la información, es bueno saber siempre la fecha de nuevos eventos. Un saludo!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *