Cebreiro e Monterrei

A penúltima cata con maridaxe desta temporada do programa Santiago Repetirás reuniu sobre a mesa os viños da denominación de orixe Monterrei e o queixo da D.O. Cebreiro.

Frecuentemente os queixos do Cebreiro presentan unha certa astrinxencia, así que a priori pensamos que o viño branco sería o que mellor maridaría, imaxinando que os taninos do tinto poderían potenciar a astrinxencia do queixo e dar un mal resultado en conxunto.

E erramos ao cento por cento. Erramos porque o queixo aportado polo consello regulador non era para nada astrinxente nin o tinto de Monterrei presentaba moitos taninos, así que foi o tinto o que mellor maridou cun queixo moi salientable pola súa cremosidade e sabor intenso. Nun primeiro momento o viño borraba do padal os rastros do queixo, pero despois este volvía á boca con moita forza.

Co branco a cousa foi ben diferente. A acidez do queixo anulaba por completo a do viño, que se volvía incluso algo doce dado o seu grado alcólico (13-13,5º). Neste caso o queixo estragaba o viño, así que todos quedamos de acordo en que Cebreiro e tinto de Monterrei fan unha boa harmonía.

O queixo fora elaborado o xoves, así que no momento da degustación estaba no seu punto óptimo: 2 días. Os viños eran do ano, un branco de godello con algo de treixadura e un tinto de mencía con algo de araúxa (tempranillo).

Os asistentes á cata foron agasallados cun libro de receitas editado polo consello regulador da D.O. Cebreiro. Como sobrara algún eu quedei con un para a miña biblioteca e outro para agasallar a un lector de Colineta. Será sorteado o día 22 de marzo entre tódolos comentarios publicados dende agora mesmo e o día 21 de marzo, tanto neste post como en calquera outro de Colineta.

O libro está publicado en edición bilingue (galego e castelán) e consta dunha breve introdución e un total de 222 receitas de cociña con queixo do Cebreiro

14 thoughts on “Cebreiro e Monterrei

  • 10 de Marzo de 2009 at 14:12 02Tue, 10 Mar 2009 14:12:59 +000059.
    Permalink

    lo quiero, lo quiero jeje

    Reply
  • 10 de Marzo de 2009 at 14:41 02Tue, 10 Mar 2009 14:41:11 +000011.
    Permalink

    Esta claro que queixo e viño sempre van ben, xa o dice o refrán: “Con buen queso y mejor vino, más corto se hace el camino”……

    Reply
  • 10 de Marzo de 2009 at 19:19 07Tue, 10 Mar 2009 19:19:56 +000056.
    Permalink

    Una verdadera pena no haber podido asistir, cuando me quise apuntar a la cata ya no quedaban plazas, asi que habrá que hacer el maridaje en casita. En referencia a otro tipo de queso gallego, al San Simón da Costa, por fin he podido probar uno con “un año” de curación, impresionante… ya te contaré en un mail más detalles. Por supuesto que me apunto al sorteo del libro.

    Reply
  • 10 de Marzo de 2009 at 20:01 08Tue, 10 Mar 2009 20:01:20 +000020.
    Permalink

    ¡Que bárbaro!. Yo todavía no pude catar el de 180 días de curación y tu ya andas por los 365. ¡Cuenta, cuenta!

    Reply
  • 11 de Marzo de 2009 at 12:15 12Wed, 11 Mar 2009 12:15:22 +000022.
    Permalink

    Apúntome ó sorteo. Tanta receita prodúceme moita curiosidade.

    Reply
  • 12 de Marzo de 2009 at 00:00 12Thu, 12 Mar 2009 00:00:21 +000021.
    Permalink

    Gustaríanos entrar no sorteo. Unha aperta.

    Reply
  • 13 de Marzo de 2009 at 18:43 06Fri, 13 Mar 2009 18:43:51 +000051.
    Permalink

    Se vas a estar no “merco e cociño” de esta semana, tal e como diría miña avóa, “lévoche a proba” do San Simón de larga curación.

    Reply
  • 13 de Marzo de 2009 at 19:07 07Fri, 13 Mar 2009 19:07:35 +000035.
    Permalink

    Sea. Alí estarei.

    Reply
  • 14 de Marzo de 2009 at 15:29 03Sat, 14 Mar 2009 15:29:44 +000044.
    Permalink

    Pois nunca está de sobra ter un libro que che indique cómo cociñar con queixos coma o do Cebreiro. Apúntome!

    Reply
  • 16 de Marzo de 2009 at 19:48 07Mon, 16 Mar 2009 19:48:28 +000028.
    Permalink

    Eu tamén quero ese libro!! Seguro que con este sorteo hai máis visiats e comentarios no blog, é unha boa forma de incentivarnos a deixar un comentario.

    Reply
  • 17 de Marzo de 2009 at 07:06 07Tue, 17 Mar 2009 07:06:38 +000038.
    Permalink

    La idea de hacerme con otro libro de cocina me seduce, y ya son tropecientos….pero siempre hay un lugar en mi casa para esta maravilla.Gracias.

    Reply
  • 19 de Marzo de 2009 at 01:34 01Thu, 19 Mar 2009 01:34:46 +000046.
    Permalink

    Non atopou certa astrinxencia no queixo da cata, porque por desgraza o queixo do Cebreiro que se comercializa de queixo do Cebreiro ten pouco.

    Reply
  • Pingback:Colineta » Blog Archive » “Ande güiner is…”

  • 06 de Outubro de 2010 at 23:50 11Wed, 06 Oct 2010 23:50:42 +000042.
    Permalink

    O queixo do cebreiro que se catou foi o gañador de todalas catas ata de agora. Medalla de ouro en todalas edicións, por certo é o único que é de Pedrafita do Cebreiro. E o viño de Monterrei hummmmmmmmmmmm que rico.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *