!Festa¡

Empeza con forza a temporada de festas gastronómicas. Nesta fin de semana a do viño en Chantada, aceite de Quiroga no muíño de Bendilló, lacón con grelos en Mesón do Vento e filloas da pedra na Baña. Eu achegareime a esta última porque me queda preto da casa e ademais estou convocado para formar parte do xurado do concurso de cociña con filloas. Quen o desexe aínda pode participar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *