Míster cocho

Entraba esta mañá en Compostela procedente de Brión cando me adiantou un porco peludo de cor lila.

– Imos mal se no canto de café con leite almorza con gin tonic, señor escribidor

– Pois tería vostede razón, amigo Filomeno, se non fora certo que nestes días anda por Santiago un porquiño lila, peludo e veloz, que eu ía nos 80 quilómetros que marca como velocidade máxima e adiantoume a toda mecha.

A Asociación de Hostalería de Compostela presentou hai uns días a súa nova campaña promocional: un pequeno coche transformado en porco que percorrerá as rúas de Santiago durante quince días ensinando o novo logo da asociación. O primeiro acto da campaña foi a participación do porquiño no desfile de Antroido.

– ¿E non había ninguén de Lalín disfrazado de matachín?

– Pois non lle sei dicir, señor Petisuis.

One thought on “Míster cocho

  • 27 de Febreiro de 2009 at 19:12 07Fri, 27 Feb 2009 19:12:27 +000027.
    Permalink

    ja! un porco lila, “cocho-coche” disque, que bo reclamo.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *