Gran Noche de Galicia en Barcelona

A Enxebre Xuntanza do Percebe celebra o 20 de febreiro de 2009 a Gran Noite de Galicia en Barcelona, que este ano acada a súa edición número 27.

No transcurso da noite serán galardoados o Festival do Mundo Celta de Ortigueia (Gran percebe de ouro), Porto de Celeiro (Gran percebe de prata) e Centro Superior de Hostalería de Galicia (Placa de prata). Tamén recibirán as súas insignias de ouro que os identifica como membros da Enxebre Xuntanza un total de 11 personalidades galegas, entre as que destaca un amplo número de alcaldes de localidades coñecidas polas súas festas gastronómicas de exaltación de produtos galegos tales como o pan de Neda, a sardiña lañada (Cariño) o requeixo (A Capela) ou a pescada e o lirio (Viveiro).

Os asistentes participarán nunha cea con produtos galegos digna do máis fastuoso banquete.

Polbo, empanadas, mexillóns, berberechos, xamón de porco celta, percebes e ostras compoñen os aperitivos.

De primeiro prato ostras, percebes, nécoras, camaróns, centolas, bois, cigalas e vieiras.

Despois dun sorbete de limón chegará o segundo prato consistente en pescada de Celeiro en salsa de ameixas de As Pías.

E para sobremesa torta de Ortigueira, requeixo da Capela e queixo de Curtis (D.O. Arzúa-Ulloa).

Para acompañar a tantos manxares viños de Valdeorras, augardentes e licores galegos e como remate unha queimada que se anuncia como espectacular.

Esta noite botarei de menos estar en Barcelona, pero as miñas obrigas profesionais mañá, sábado, en Compostela impedíronme aceptar a invitación cursada polos organizadores da festa, invitación que agradezo igualmente

One thought on “Gran Noche de Galicia en Barcelona

  • 23 de Febreiro de 2009 at 14:05 02Mon, 23 Feb 2009 14:05:53 +000053.
    Permalink

    hola,deseomucha suerte es este 2009,mi comentario es aceca del posible parentezco entre miguel y yo,me visabuelo se llamo manuel vila y era espanol por lo que pienso seamos familia,suerte,

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *