Chocos en Aldán

Chocos

Esta mañá cheguei á confraría de Aldán (Cangas do Morrrazo, Pontevedra) cando estaban a piques de pesar varias caixas de chocos acabadas de descargar do barco. Na caixa da fotografía había sete chocos e pesou máis de 7,5 quilos. Restando o peso da caixa de polistireno e a auga quédanos arredor dun quilo por peza.

Polo visto estamos tendo unha moi boa campaña de choco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *