Bromas de Antroido… en Alemaña

FilloasNon te cabrees, chaval, que estamos en carnaval” era a frase que sempre empregábamos os rapaces do Valadouro cando lle facíamos unha broma a alguén sen que lle sentase ben. Porque resulta que o Antroido é tempo no so de cocidos, orellas de frade e sobremesa estupendas, e de disfraces, senón tamén de bromas.

Sobre todo elo podería dar unhas boas leccións teórico prácticas, que se ando agora algo retirado do Antroido non é por falta de gañas, senón pola absurda evolución que a festa está tendo en boa parte de Galicia, onde renunciamos ás nosas tradicións auténticas fascinados polas falsas luces de Tenerife ou Cádiz. Confundimos o Antroido cun baile de máscaras, cando en realidade se trata dun estado de ánimo, que para levar por fóra vale calquera cousa.

Ven o asunto das bromas de Antroido a conto de que en Chove en Ningures leo un post sobre a sobremesa propia destas festas en Alemaña: os krapfen, berliner ou pfannkuchen, que por aquí se poden atopar nalgunhas pastelerías baixo o nome de “berlinesas”.

Un bolo fritido na tixola e recheo normalmente de marmelada, crema, chocolate… ou mostaza. E ao que lle toque o picante que arree, que vai ser, digo eu, o branco de tódalas risas da concorrencia.

Igualiño que cando en Galicia algunha filloa levaba polo medio os fíos dunha gasa o un anaco de media e ao que lle tocaba tiraba e tiraba sen conseguir sacar un bocado da filloa, provocando as gargalladas do resto dos comensais. Claro que eran outros tempos

4 thoughts on “Bromas de Antroido… en Alemaña

  • 17 de Febreiro de 2009 at 12:16 12Tue, 17 Feb 2009 12:16:13 +000013.
    Permalink

    Na miña casa, a miña bisavoa, que era de Noia, facía sempre unha torre de filloas e no medio metía unha de trapo. Eu penso que debía pasar máis tempo elaborando a falsa que as outras, porque ata que a tiñas na man non te decatabas de broma.

    Reply
  • 18 de Febreiro de 2009 at 11:30 11Wed, 18 Feb 2009 11:30:48 +000048.
    Permalink

    Non coñecia esas bromas coas filloas hoxe vou probar cos compañeiros de piso xDD

    Reply
  • 18 de Febreiro de 2009 at 12:35 12Wed, 18 Feb 2009 12:35:58 +000058.
    Permalink

    pois perdeuse esa tradición, voulle propoñer a miña filloeira algunha broma pero suaviña, sal por azucre…

    Reply
  • 25 de Febreiro de 2009 at 10:11 10Wed, 25 Feb 2009 10:11:32 +000032.
    Permalink

    A do trapo é boisima, mateime de risas cos do piso mordendo na filloa trampa. O mellor é como turran para comela xDD

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *