Xornadas de vaca galega… en Sevilla

Haberá que aprender dos sevillanos e facer galego de honra a un vasco, Luis Miguel Garayar, que con toda seguridade está detrás das Jornadas Gastronómicas de la Carne de Vaca Gallega que van celebrar seis restaurantes sevillanos entre o 6 e o 15 de marzo e sobre as que se pode ler máis no blog do xornalista gastronómico e amigo Horacio Mangas.

Mentres en Sevilla chaman ás cousas polo seu nome, en Galicia moitos restaurantes seguen chamándolle boi ao que en realidade é vaca, afortunadamente vaca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *