En Google Books

A Editorial Galaxia chegou a un acordo con Google Books para dixitalizar os seus fondos editoriais e poñelos a disposición do público xeral.

Algúns libros so amosan a través de Google parte das súas páxinas, pero as suficientes para que o lector interesado poida decidir se merca a obra en cuestión ou non.

E baixo ese formato está un dos meus libros: “A cociña do Merlín“, gañador do Premio Nacional de Periodismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro 2006. Tamén están obras gastronómicas de Cunqueiro, Helena Villar Janeiro, Xavier Baixeras ou Xavier Castro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *