Arroz con botelo

Arroz con boteloEstiven estes días traballando nunha reportaxe sobre o botelo e a androlla, e as súas futuras indicacións xeográficas protexidas, que se publicará no número de marzo da revista Origen, así que un menú desta semana na miña casa consistiu precisamente neso, botelo, androlla, patacas e grelos. E o caldiño da cocción antes, en forma de consomé.

E como hai tempo que tiña gañas de facer un arroz con botelo, reservei o que quedou deste para amañar un prato que hai algún tempo comín en Celada de la Vega, á entrada de Astorga, e que me deixou sorprendido.

Así que comecei como todo arroz que se precie: preparando un sofrito, que neste caso estaba composto de cebola, allo e tomate. Feito o sofrito engadín o botelo cortado en anacos e deixeino ao lume un par de minutos antes de engadir o arroz, un espléndido arroz do Ampurdán. Rematei mollando o conxunto co caldo desgrasado de cocer botelo e androlla e algo de auga (non gardara caldo abondo). Deixar cocer o tempo necesario, rectificar de sal e repousar uns minutos.

O resultado foi fantástico. Moi recomendable para quen lle gusten os arroces de sabores potentes.

A Festa do Botelo de A Fonsagrada (Lugo) celébrase o 14 e 15 de febreiro de 2009.

2 thoughts on “Arroz con botelo

  • 09 de Febreiro de 2009 at 21:00 09Mon, 09 Feb 2009 21:00:20 +000020.
    Permalink

    en quiñones?

    Reply
  • 09 de Febreiro de 2009 at 22:06 10Mon, 09 Feb 2009 22:06:11 +000011.
    Permalink

    Exacto, en el Mesón de Quiñones. Un gran sitio.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *