Comeza Xantar: cinco días para non parar

Mañá comeza Xantar. Do 4 ao 8 deste mes de febreiro o pavillón de Expourense énchese de restaurantes e actividades gastronómicas de todo tipo.

Un total de 19 menús de cociña galega, española, portuguesa e arxentina compoñen a principal atracción do certame, no que tamén haberá outro tipo de actividades, como catas, degustacións de produtos, maridaxes, presentación de libros ou talleres gastronómicos, así como o V Encontro de Confrarías Gastronómicas e o IV Encontro Ibérico sobre Dieta e Saúde. Cinco días para non parar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *