As viñetas gastronómicas de Jaime Asensi

Durante moitos meses Jaime Asensi, debuxante e ilustrador, publicou unha serie de viñetas gastronómica en Galicia Gastronómica, unha colaboración que cesou cando eu deixei de coordinar o portal e que posteriormente desaparecería da rede tras un cambio de imaxe do mesmo, desaparición que so demostra o escaso respecto que algúns teñen polo traballo alleo e a nula visión do que é a publicación en internet.

Asensi abriu blog hai poucas semanas e acaba de recuperar no mesmo algunhas daquelas viñetas, que amosa xunto con outros traballos seus, entre eles o proxecto no que anda agora metido: levar ao cómic unha obra de Fernando Arrabal… con tódalas bendicións e apoio do xenial escritor

One thought on “As viñetas gastronómicas de Jaime Asensi

  • 02 de Febreiro de 2009 at 22:11 10Mon, 02 Feb 2009 22:11:47 +000047.
    Permalink

    Gracias Miguel… de todos xeitos seguiremos colaborando dunha maneira ou de outra. Apertas

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *