Forum Gastronomico, nova cita para bloggers

Xaneiro 2008. MadridFusión organiza no último momento un encontro de blogs que acabaría sendo un fracaso. Un mes máis tarde o propio Ferrán Adrià trasladaríase a Santiago de Compostela co obxectivo principal de participar no encontro entre bloggers e cociñeiros que tería lugar no marco do Forum Gastronómico.

Un caso claro de contraprogramación chafalleira que seguramente tiña detrás unha filtración de información aos organizadores do evento madrileño. Xógome os dedos da orella a que non me equivoco.

O certo é que este ano os blogs e os bloggers non tiveron espazo en MadridFusión pero volverán estar con forza no Forum Gastronómico, esta vez en Xirona, con acreditación gratuíta para os responsables de calquera blog gastronómico creado con anterioridade a setembro de 2008, acreditación que dará dereito, o mesmo que en Santiago, a acceder á feira e ás sesións do congreso profesional que se desenvolvan na sala Simfònica (o auditorio grande, para entendernos) e aos talleres se hai prazas vacantes (o aforamento dos mesmos é reducido).

Ademais, o primeiro día do Forum (21 de febreiro) haberá unha serie de talleres e conferencias dedicados aos bloggers, que son os seguintes:

Fotografía gastronómica, entre o documento gráfico e a obra de arte, con Fransesc Guillamet e Maribel Ruiz de Erentxun, fotógrafos gastronómicos; e Marc Cuspineda, cociñeiro, estilista fotográfico e colaborador de elBulli .

Blogs, a nova dimensión da comunicación gastronómica, conferencia a cargo de Manuel Gago, profesor da Universidade de Santiago de Compostela, editor de Capítulo 0 e promotor do Código Cociña.

Mesa redonda. Blogs e sector enogastronómico: unha relación en construción. Van participar Joan Gómez Pallarès, editor de De vinis e vicerreitor de Investigación da Universidade Autónoma de Barcelona; Roberto González, editor de El Pingüe e cociñeiro profesional; e Manuel Gago.

Código Cociña. Unha mirada desde Xirona. Un momento para coñecernos os autores dos blogs subscritos ao Código Cociña e todos aqueloutros que tamén queiran participar

2 thoughts on “Forum Gastronomico, nova cita para bloggers

  • 29 de Xaneiro de 2009 at 12:27 12Thu, 29 Jan 2009 12:27:17 +000017.
    Permalink

    Estaré pendiente desde Caracas. Impresion la cantidad de blogs de gastronomía que han crecido en estos años y su relación con el desarrollo del periodismo gastronómico.

    Saludos.

    Reply
  • 30 de Xaneiro de 2009 at 12:42 12Fri, 30 Jan 2009 12:42:52 +000052.
    Permalink

    Fastidiado lo tengo para acudir pero estare atento “haber que facedes” jeje

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *