Un albariño, a bordo de Britihs Airways

Os clientes máis selectos dos voos intercontinentais da aeroliña Britihs Airways poderán beber un viño galego, en concreto un Rías Baixas da subzona do Ulla, despois de que a adega Castro Brey gañara un concurso para o subministro de 26.000 botellas de Sin Palabras un monovarietal albariño producido en Camanzo, no concello pontevedrés de Vila de Cruces.

Castro Brey é unha adega familiar que dispón de 12 hectáreas de viñedo en Camanzo, con cepas de albariño que superan os setenta anos de idade. Alí producen varios albariños monovarietais (Castrobrey, Señorío de Cruces, Castro Valdés) así como o Señorío das Regas (albariño, treixadura, godello e torrontés) e Castrobrey tinto, elaborado con caíño e mencía.

O Sin Palabras é a última creación da adega, que xa aparece entre os viños puntuados por Parker (86 puntos) e recibiu unha medalla de plata polo Castro Valdés na pasada edición de Iberwine, celebrada en Miami no pasado mes de outubro e na que so se concederon 40 medallas entre un total de 2.000 viños participantes.

Esta nova primicia de Colineta poderedes ampliala o próximo domingo escoitando Arroz con Chícharos (Cadena Ser Galicia, 12,30 horas), programa no que entrevistaremos a Ramón Blanco, responsable da adega

Foto: www.castrobrey.com

One thought on “Un albariño, a bordo de Britihs Airways

  • 23 de Xaneiro de 2009 at 19:17 07Fri, 23 Jan 2009 19:17:18 +000018.
    Permalink

    Pues no sabía yo que las compañías aéreas tenían semejante consumo de vino, 26000 botellas.

    Y eso que me imagino que no será el único vino que ofrezcan en sus vuelos …

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *