Pemento de Guláns, outra variedade que pode ser autóctona de Galicia

En agosto do ano pasado titulaba “Terra de pementos” para falar das moitas variedades desta hortaliza existentes en Galicia. Pode que en pouco tempo teñamos que engadir outra nova variedade á lista de pementos galegos: o pemento de Guláns (Ponteareas, Pontevedra).

Segundo indica a Consellería de Medio Rural nunha nota, o Centro de Experimentación Agraria de Entenza, en Salceda de Caselas (Pontevedra), comezou os traballos para determinar se dito pemento é unha variedade autóctona diferenciada. Estaremos ao tanto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *