Turgalicia promocionará Tenreira Galega

Colineta, 20-01-09.- Cada vez que Turgalicia realice unha presentación dos seus produtos turísticos, os asistentes á mesma poderán degustar, entre outros manxares, as carnes da indicación xeográfica protexida Tenreira Galega, segundo establece o acordo asinado entre os presidente do consello regulador da IXP, Xesús González Vázquez, e o director xerente de Turgalicia, Xesús Pereira.

Segundo un comunicado da Xunta de Galicia, o menú que ser servirá en dito actos será elaborados por cociñeiros que representan ás asociacións gastronómicas galegas -Amigos da Cociña Galega, Club Gastronómico Rías Altas, Xantares e Asociación de Restaurantes Galegos Lareira- e que en cada caso se encargará de elaborar un prato que terá como base a carne de Tenreira Galega, que se compromete a subministrar a materia prima necesaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *