Iago Castrillón, a dous días da hora H

Iago Castrillón, cociñeiro do restaurante Ácio (Santiago de Compostela) é un dos seis participantes na fase de selección para elixir ao representante español no Concurso Internacional C3 Circle De Chef, patrocinado por Valrhona.

Como nos dixo por teléfono xa se atopa en Madrid con intención de comezar a preparar o martes a súa participación no concurso, que terá lugar o mércores 21.

Segundo nos indica o cociñeiro, comezarán a traballar pouco despois das oito da mañá para ter todo rematado pasadas as once. Pola tarde comparecerán ante o xurado e a partir de media tarde do mércores agarda coñecer o resultado do concurso.

Nesta fase española do Concurso Internacional C3 Circle De Chef, patrocinado por Valrhona participa un total de seis cociñeiros, dos cales dous son galegos, xa que ademais de Castrillón está presente no mesmo Xesús Hevia, de Casa Pardo (A Coruña).

Preme para escoitar o podcats

One thought on “Iago Castrillón, a dous días da hora H

  • 19 de Xaneiro de 2009 at 22:49 10Mon, 19 Jan 2009 22:49:17 +000017.
    Permalink

    Excelente iniciativo esto de los podcast-entrevista! Ahora escucho el resto… por cierto suerte a Iago!

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *