Beatriz Sotelo en MadridFusión

Este ano Colineta non estará en MadridFusión. E non por decisión propia. Pero a información sobre a presenza dos cociñeiros galegos no certame si vai estar aquí, a través das voces dos mesmos protagonistas.

Sirva como adianto o que onte nos dicía Beatriz Sotelo en Arroz con chícharos, o programa que presento e dirixo na rede galega de emisoras da SER. Falamos sobre a comida multitudinaria (1.500 persoas) que un equipo encabezado por Beatriz ofrecerá a congresistas, relatores e expositores o martes 20 de xaneiro.

Un equipo de luxo, dirixido por Beatriz Sotelo pero no que tamén están Xoán Crujeiras, socio de Beatriz no restaurante A Estación (Cambre, A Coruña) e todo o equipo do restaurante. Xavier Rodríguez Ponte, “Taky”, actual presidente do Grupo Nove, tamén forma parte do equipo xunto coa xente de Boketé, a empresa de cátering da que é xefe de cociña. O equipo complétase cun bo número de alumnos da Escola Superior de Hostalería de Galicia, dirixidos polo profesor Roberto Walter.

Sobre o que se vai servir nesta comida xa informou Colineta en días pasados.

Preme para escoitar o podcast

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *