Un albariño, único viño español entre os nove “deliciosos” do Wall Street Journal

Leo en Capítulo 0 que o Wall Street Journal elixiu o albariño Don Olegario como un dos viños Deliciosos de 2008. En concreto o xornal norteamericano refírese á colleita de 2005 do viño do Salnés.

Na lista do WSJ, que compoñen nove viños de Francia, Sudáfrica, Arxentina, Italia e Australia o albariño é o único español. O xornal indica que “algúns dos viños máis excitantes do mundo proceden de España e o Don Olegario é un exemplo“.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *