“Facendo país”, man a man de produtores e cociñeiros galegos

“Facendo país” é o lema da xornada que organiza a asociación de turismo rural do sur de Pontevedra Agarimo para o próximo martes, 20 de xaneiro, co obxectivo de poñer en contacto a produtores galegos de materias primas e alimentos de alta calidade cos profesionais do sector hostaleiro.

Na xornada está prevista a presenza das galletas mariñeiras Daveiga, conservas Amorodo, caviar de ourizo “Mar de Lira“, grelos deshidratados Milhulloa, albariño Abadía de Tortoreos (D.O. Rías Baixas), tintos Señorío de Rubiós (D.O. Rías Baixas), requeixo das Neves e Leite Cru O Alle.

Os organizadores da xornada convidan a tódolos profesionais da hostalería galega a participar na mesma, para o que so é preciso confirmar a presenza a través do teléfono 986.644.631.

A xornada celebrarase na casa de turismo rural Quinta do Ramo, emprazada en Tomiño (Pontevedra), e comezará ás 16:30 horas coa presentación por parte do presidente de Agarimo, a posterior presentación de tódolos produtos por parte dos seus responsables e unha mesa redonda. A xornada rematará coa degustacións de elaboracións realizadas cos produtos presentados na xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *