Comunicación gastronómica

1.- Piticlín piticlín… piticlín piticlín.

Hello.

Boas, voulle facer unha oferta que non pode rexeitar. Teño os mellores recojodras do mercado e a prezo inigualable.

What?

Si home, recojodras, e non os vai atopar en ningún outro sitio.

I don’t understand

Deixe de lerias home, mire que coma estes non os vai atopar… e menos a este precio.

By by.

Pipipipí… pipipipí… pipipipí…

2.- Piticlín piticlín… piticlín piticlín.

Dígame.

Boas, voulle facer unha oferta que non pode rexeitar. Teño os mellores recojodras do mercado e a prezo inigualable.

Gracias pero non me interesa.

Si home, recojodras, e non os vai atopar en ningún outro sitio.

Pero eu odio aos recojodras e aos impertinentes que me chaman para venderme algo que non me interesa.

Deixe de lerias home, mire que coma estes non os vai atopar… e menos a este precio.

Vaise ao carallo

Pipipipí… pipipipí… pipipipí…

O noso vendedor queda absolutamente desconcertado. Mire que tendo os mellores recojodras do mercado e os máis baratos non puido vendelos. E iso que chama co último modelo de teléfono móbil do mercado, G3, MP3, GPS, multibanda e non sei cantas cousas máis.

Evidentemente isto é unha parodia, unha parodia do que lamentablemente está a acontecer cunha parte do sector agroalimentario e culinario galego, que intenta comunicar o que ofrecen ao mercado e á sociedade e pensan que é suficiente ter interese, un produto que eles consideran insuperable e a última tecnoloxía para que os medios de comunicación se faigan eco das súas propostas. E os fracasos son decepcionantes.

O noso vendedor non tivo en conta que ao outro lado do teléfono se precisa unha persoa que entenda a mensaxe e que estea interesado nela, e non podemos esquecer que a mesma historia pode ser apaixoante ou un verdadeiro tostón, depende de como se conte. Despois, ademais, hai ducias de factores que poden dar ao traste coa comunicación, como ben sabe calquera experto no asunto, que nunca pode garantir o éxito total das súas xestións.

É fácil pensar que con ovos e patacas calquera fai unha tortilla. Pero non é así, porque fan falla ademais aceite, tixola e lume. E coñecementos para facela. E interese. Porque dos mesmos ovos e patacas pode saír unha tortilla, uns ovos fritos con patacas igualmente fritas, ou con puré de patacas, ou ovos cocidos co mesmo puré ou…

Pois isto é o que está pasando en materia de comunicación a moitas pequenas e medianas empresas agroalimentarias galegas (inclúan nelas aos restaurantes), que pensan que facer comunicación é como facer tortilla de patacas e resulta que non lles calla o ovo… o da comunicación, digo.

Outros prefiren “deslocalizar” os seus investimentos e contratan empresas de Madrid, encargando dos seus asuntos a un individuo que coñece moi ben o que trae entre as mans e sabe perfectamente que en Galicia as nécoras andan pola beirrarúa e os galegos, cansos delas, apartámolas cos pes para non pisalas, non por evitar a morte do bicho, senón para non manchar os zapatos.

Señores, se algo me toca os güevos é que unha empresa de fora me propoña falar dun produto do que xa levo falado ata fartarme, que coñezo de primeira man, que se fai preto de onde eu vivo e que coñezo aos que o fan. Igual un día me animo e convirto Colineta nun blog de gastronomía grega e que falen do noso os blogs de Madrid.

One thought on “Comunicación gastronómica

  • 12 de Xaneiro de 2009 at 19:42 07Mon, 12 Jan 2009 19:42:40 +000040.
    Permalink

    La comunicación, el arte, el periodismo, la gastronomía, son disciplinas que se prestan al intrusismo. Como actriz, muchas veces he tenido que ver y oir que mis años en la escuela de Arte Dramático, mis cursos de formación permanentes por medio mundo, no valen para nada.
    Parece que hoy en día, actuar, lo puede hacer “cualquiera”, redactar un comunicado que “buf, de eso me encargo yo”, una obra de arte de esas “se las pedimos a mi sobrinita”, un plato de esos “con un churrete por aqui,basta para que me crean moderno “, son frases que se oyen a diario y que nos llevan a nebulosas de improvisación y malas praxis que van en desmedro de cualquiera de estas profesiones.
    Luego vienen las quejas, cuando un espectáculo no va como debe ir, una información no llega a destino o un menú fracasa.
    Queda el consuelo de que hay gente que está aprendiendo que las formaciones, son para eso, para formarse y “hacerse” adecuadamente.
    Pero mientras nos quedan las “calenturas” y las satisfacciones amargas de ver que lo que mal parido está, no crece.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *