Pechou Toñi Vicente

Levaba tempo o rumor na rúa e esta semana confirmouse: Toñi Vicente pechou o seu restaurante en Santiago de Compostela. Este mediodía o local estaba pechado e un par de persoas sacaban caixas do mesmo. Inda que os rótulos continuaban no seu sitio, as cartas desapareceran da cristaleira onde sempre estaban e as cortinas que dan á Avenida de Coruña foran substituídas por papel pegado aos cristais. Na web do restaurante non hai ningunha explicación porque en realidade xa non hai web.

Algúns desalmados, que os hai, brindarán pola nova que me parece moi negativa, xa non só para Toñi Vicente e tódalas familias afectadas polo peche, senón para a gastronomía galega en xeral.

Alí onde vaia Toñi terá sempre a miña admiración e seguirá a ser a gran dama da gastronomía galega

5 thoughts on “Pechou Toñi Vicente

  • 09 de Xaneiro de 2009 at 22:48 10Fri, 09 Jan 2009 22:48:41 +000041.
    Permalink

    Non sei se a data concreta interesa para a historia da gastronomía, pero o mércores á tarde pasei por alí e os menús estaban expostos (penso). O xoves á mañá xa non.

    Unha magoa. Un restaurante que é parte da nosa historia culinaria non merecía rematar saíndo pola porta traseira. E a traxectoria profesional de Toñi tampouco.

    Esperemos que en breve a vexamos rexurdir.

    Reply
  • 11 de Xaneiro de 2009 at 13:50 01Sun, 11 Jan 2009 13:50:45 +000045.
    Permalink

    Bueno, es una decisión triste. Los paladares no entienden de escandalos. Ilegales o no, ¡Eran vieiras!

    Reply
  • 13 de Xaneiro de 2009 at 13:13 01Tue, 13 Jan 2009 13:13:16 +000016.
    Permalink

    Xa ía sendo hora, fai tempo que a cociña do Toñi non é súa, senón da súa cociñeira, que non tivo vacacións, nin os salarios pagados,e agora cinco traballadores que fixeron dO restaurante o que foi están na rúa sen cobrar e coas súas hipotecas.

    Reply
  • 30 de Xaneiro de 2009 at 16:30 04Fri, 30 Jan 2009 16:30:17 +000017.
    Permalink

    Me gustaría localizar a Toñi porque se merece que le demos ánimos y quiero saber detalles para denunciar la realidad de lo sucedió y quién fue el canalla que le preparó la trampa para caer como chivo expiatorio de un pecado tan común en Galicia, sobre todo en la alta restauración.

    Reply
  • Pingback:Toñi Vicente echa el cierre | gastronomía con los cinco sentidos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *