Unha galega desenvolve unha tecnoloxía para desalcoholizar viños

Segundo recolle hoxe a edición galega de El País, unha investigadora galega, Sonia Pérez, está a piques de conseguir desalcoholizar un viño castelán que espera sacar ao mercado baixo a marca Raisin. E hai máis proxectos que se poden ler na nova orixinal.

Resulta estraña a afirmación de que se trata do primeiro viño sen alcohol, cando no mercado español existen xa dous semellantes, polo menos: Eminasin, do Grupo Matarromera, que recoñece unha graduación de 0,5º, e Natureo, un moscatel de Torres que afirma conter menos de medio grado de alcohol.

Falta, como pasou nas cervexas, que cheguen os viños cero-cero, que non sei se será o caso da investigación desta galega.

En Francia o asunto do viño sen alcohol leva máis de dous anos de moda, como se pode ler en El Mundo do 25-10-2006.

Respecto á denominación do produto, que eu escribo en cursiva, é interesante ler a nota que Torres inclúen na súa web respecto do Natureo:

“Nota: Natureo es una bebida desalcoholizada por lo que legalmente, no se puede considerar un vino.”

One thought on “Unha galega desenvolve unha tecnoloxía para desalcoholizar viños

  • 09 de Novembro de 2009 at 11:18 11Mon, 09 Nov 2009 11:18:48 +000048.
    Permalink

    creo que eminasin ya tiene 0´0! asiq no sé a que se referirá esta chica…

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *