A última comida de Pardo de Cela, no 525 cabodano do seu pasamento

O Castro  y la Frouseira
Hoxe fai 525 anos que a cabeza do Mariscal Pero Pardo de Cela rodaba pola praza da Catedral de Mondoñedo. Ou polo menos iso din as lendas, que algúns historiadores, como Francisco Mayan, aseguran que daquela a pena de morte xa se aplicaba con garrote. Decapitado ou agarrotado, o caso é que o 17 de decembro de 1483 Pardo de Cela era axustizado en Mondoñedo, despois de resistir un longo asedio das tropas enviadas polos Reis Católicos. A Frouseira nunca foi vencida e fixeron falta 22 criados traidores para franquear a entrada á fortaleza dos soldados reais e para delatar a presenza do Mariscal nunha casa do Castro, ao pe da outra fortaleza que posuía no Valadouro. So un dos 22 traidores era orixinal do Valadouro. No Valadouro quedan as lembranzas do Mariscal na torre do Castelo do Castro, que se ve na foto, e rastros da fortaleza da Frouseira, no alto do pico do mesmo nome, tamén na foto. Outras construcións da mesma época considéranse propiedade entón do Mariscal, e ata falan de que o lugar de Cendemil, na parroquia de Santa Cruz, foi escenario dunha batalla na que so quedaron con vida cen de mil guerreiros participantes. ¿E qué comería Pardo de Cela?. Esa pregunta róldame a cabeza dende hai anos. A información coñecida sobre a alimentación daquela época no norte de Lugo é escasa, por non decir nula, pero un día eu imaxinei a Don Pero comendo chacina dos moitos cabalos galegos que hai polos montes que circundan o Valadouro, congro cecial dos mares de Foz e Viveiro e pastelón de pichón, un prato que non atopará en ningún restaurante, por desgraza para vostede. O Antoxo do Mariscal é de creación reciente. Aquí deixo algunhas fotos do Castro e a Frouseira e a recomendación de que se pasen por alí

3 thoughts on “A última comida de Pardo de Cela, no 525 cabodano do seu pasamento

  • 17 de Decembro de 2008 at 20:29 08Wed, 17 Dec 2008 20:29:30 +000030.
    Permalink

    Enhoraboa polo dominio que tes do fotoshop.

    Reply
  • 17 de Decembro de 2008 at 22:46 10Wed, 17 Dec 2008 22:46:36 +000036.
    Permalink

    Supoño que falas do Photoshop pola foto que encabeza o post e neste caso nada de nada. So a tratei para mellorar contrastes e saturación de cores, pero polo demáis a foto está tomada “ao natural”. Cando queiras ensenoche o sitio dende o que a fixen e poidoche mostrar a mesma foto no visor da miña cámara. Non prometo que as nubes sigan no mesmo sitio porque a foto cumpre pasado mañá dous anos e un mes.

    Reply
  • 05 de Xullo de 2009 at 16:05 04Sun, 05 Jul 2009 16:05:37 +000037.
    Permalink

    a batalla de “cendemil” aconteceu aló polo século XV (primeiros) entre o exército do Mariscal e o do bispo de Mondoñedo pola disputa das posesións dun tio do mariscal que fora que tamén bispo de Mondoñedo e a igrexa queríase quedar coas posesións das terras desta. O dereito civil dáballe as posesións ó mariscal, pero a igrexa non estaba de acordo.
    O obispo de Mondoñedo plantoulle guerra ó mariscal, e quería mandar mil homes (aprox) fortemente armados para escarmentar ó mariscal. Os vixias de marical esteráronse dos seus plans, e ante esta información o mariscal planteou a batalla en forma de guerra de guerrillas de maneira que coas pequenas emboscadas foron movendo o groso do exército á zona que hoxe conocemos por cendemil, que de aqueles era unha zona moi pantanosa e acorralaron e aniquilaron o exército. Daqueles mil homes, deixaron cen vivos, e mandaronos desarmados o obispo para que soupese o que aconteceu como escarmento.

    Se vos interesa máis información, contactade comigo
    xoseramonmaseda@hotmail.com

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *