Marcelo Tejedor estará en Milán cos mellores cociñeiros europeos

O cociñeiro Marcelo Tejedor estase a converter no mellor embaixador da cociña galega por España e o mundo adiante. Despois de participar recentemente en feiras gastronómicas de Perú e Colombia, no próximo mes de febreiro estará en Identitá Golose, o congreso italiano de cociña de autor que ten lugar en Milán do 1 ao 4 de febreiro de 2009, no que participarán cociñeiros italianos, españois, franceses, brasileños, daneses, británicos, estadounidenses, croatas e belgas.

Marcelo estará en Milán en compaña de cociñeiros españois da talla de Ferrán Adriá, Arzak, os irmáns Roca ou Quique Dacosta.

Mentres, continúa mostrando o seu invento do ano: o pan líquido en aerosol, co que participará na primeira Xornada de Difusión Técnica do Pan, que terá lugar en Lleida os días 16 e 17 de decembro de 2008, organizado polo Centro de Difusión Tecnológica del Sector Panadero (Innopan).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *