Un prato de Marcelo Tejedor entre os dez mellores do año segundo Vino+Gastronomía

A Pescada de Celeiro, caldo de pementos verdes e pil-pil de limón de Marcelo Tejedor situouse entre os dez mellores pratos do ano 2008 segundo o ranking que publica o último número da revista Vino+Gastronomía.

A pescada de Marcelo clasificouse no cuarto posto, despois do Tomate raf recheo de pipirrana, tomates verdes, xudías verdes y quisquillas de Dani García (Restaurante Calima), Maderas, de Quique Dacosta (El Poblet) e Hebras, de Josean Martínez Alija (Guggenheim).

Por detrás do prato do cociñero compostelán quedaron, Paisaje de Otoño, de Ferrán Adriá (El Bulli), Oca a la royal, de Joan Roca (El Celler de Can Roca), Guisantes del Maresme con tripa de bacalao y morrallets, de Xabier Pellicer (Abac), La gamba en la mano, de Jordi Vilá (Alkimia), Piel de salmonete asada con alioli de sus higaditos, de Nacho Manzano (Casa Marcial) e Bacalao en costra con cebolleta tierna, lentejas y panceta crujiente, de Paco Morales (Senzone).

Entres os finalistas quedaron pratos dos restaurantes Arzak (San Sebastián), Arrop (Valencia), Mugaritz (Rentería), Casa José (Aranjuez), Diverxo (Madrid), Coure (Barcelona), Martín Berasategui (Lasarte), Akelarre (San Sebastián), Casa Gerardo (Prendes), Fagollaga (Hernani), Etxebarri (Axpe-Atxondo), La Tasquita de Enfrente (Madrid), El Bohío (Illescas), Moo (Barcelona), La Terraza del Casino (Madrid), Azurmendia (Larrabetzu), Gresca (Barcelona)La Sucursal (Valencia) e Tragatapas (Ronda).

One thought on “Un prato de Marcelo Tejedor entre os dez mellores do año segundo Vino+Gastronomía

  • 15 de Decembro de 2008 at 11:35 11Mon, 15 Dec 2008 11:35:06 +000006.
    Permalink

    Puedo dar fé del magnífico plato ya que recientemente estuve Casa Marcelo, y sin duda fué el plato estrella de la velada.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *