Dous galegos, entre os seis semifinalistas españois do concurso de postres de Valrhona

Serán galegos dous dos seis semifinalistas do concurso de sobremesas C3, que organiza Valrhona e que terá lugar no marco da edición 2009 de Madrid Fusión.

Iago Castrillón, do restaurante Ácio de Santiago de Compostela, e Jesús Hevia, de Casa Pardo de A Coruña mediranse na semifinal con Víctor Trochi, do restaurante Skina (Málaga), Silvia Ginard Moll, de Es Baluard (Palma de Mallorca), Raúl García Pereira, de El Corregidor (Ciudad Real) e Lionel Carrasqueira, do Hotel Hilton (Valencia).

Ademais da semifinal española haberá outras en Francia e Italia, Asia/América e Europa do Norte/Mediterráneo. Os gañadores das correspondentes semifinais competirán na final mundial, que terá lugar na edición 2010 de Madrid Fusión.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *