Tapicheo’08… con retraso

Nos últimos tempos proliferan por todo o país os concursos de tapas, organizados unhas veces polos concellos, outras por asociacións de hostaleiros e agora tamén por asociacións gastronómicas, despois do visto ata onte en Sarria (Lugo)

– ¿E logo que viu vostede en Sarria?

– Pois non vin nada, amigo Petisuis, porque entereime esta mañá da celebración dun concurso que rematou onte.

Normalmente os concurso de tapas nacen co obxectivo de promocionar. Habitualmente búscase a promoción dunha certa vila ou cidade como destino gastronómico e, ao mesmo tempo, a promoción económica dos negocios de hostalería de dita cidade ou vila. Cada tapa, cada viño que se vende é unha axudiña máis para manter vivo un sector que crea moito traballo, directo e indirecto, e polo tanto moita riqueza para o país.

Así que un dos elementos fundamentais de calquera concurso de tapas debe ser a promoción do mesmo por todo o país e fora del se á posible, cousa que non sempre se cumpre, como sucede neste de Sarria, do que ata hoxe non vira publicada unha soa liña.

Estou seguro de que as radios locais, a edición para o sur de Lugo de La Voz de Galicia ou El Progreso, lle deron cobertura ao concurso, pero iso so serve para informar aos propios da zona e que non se entere ninguén máis.

A estrutura dos xornais galegos pode resultar moi interesante a nivel local, xa que sen edicións La Voz de Galicia non cubriría moitas informacións, o mesmo que El Progreso dedicaría á Mariña de Lugo unha páxina diaria no canto de dezaseis. Pero non deixa de ser unha trampa. Os locais están moi ben informados do seu, pero a súa información non sae do ámbito puramente local. Nunca tan invisible foi A Mariña para o resto do mundo que agora que ten edición propia de La Voz e do Progreso.

En Sarria estarán satisfeitos coa cobertura informativa dada ao seu concurso sen caer na conta de que os que viven a unha hora de camiño non se enteraron de nada. Hoxe o bo pano non se vende so na arca, como di o vello refrán. Hai que pregoalo aos catro ventos e para iso nada mellor que un experto en materia de comunicación. Poderíamos volver cos refráns e lembrar o que recomenda ao zapateiro dedicarse aos seus zapatos, que se pode aplicar a cociñeiros, médicos, avogados, xornalistas, para que se apliquen á súa cociña, medicina, leis ou información. Excepcións hai, e podería citar algún bo cociñeiro que se formou como avogado, ou médicos que son espléndidos comunicadores, pero son excepcións.

Vexan neste post tamén unha autocrítica por non terme enterado antes do concurso de Sarria… e de tantas outras cousas. Porque en definitiva o meu traballo é buscar a información alí onde está, sen agardar que ma traian á casa

2 thoughts on “Tapicheo’08… con retraso

  • 10 de Decembro de 2008 at 05:38 05Wed, 10 Dec 2008 05:38:07 +000007.
    Permalink

    Totalmente de acuerdo con lo que comentas al respecto de las consecuencias para la marña de Lugo el tener edición propia en la Voz De Galicia y El Progreso.

    Yo me doy cuenta cuando viajo por Galicia, coges el periodico, lo repasas a fondo y no aparece una sola noticia de la mariña de Lugo.

    El problema es que los concursos de tapas se están utilizando a día de hoy para sacar a la clientela habitual de casa en fechas en las que no iba haber en los locales ni el tato, e intentar meter algo de dinero en el cajón, en vez de utilizarlos con el fin principal que yo creo que fueron pensados y creados :

    DINAMIZAR !

    Reply
  • 11 de Decembro de 2008 at 10:41 10Thu, 11 Dec 2008 10:41:20 +000020.
    Permalink

    Tony, como originario de A Mariña pero viviendo en el área de Compostela lo sufro a diario, así que para enterarme de lo que sucede por ahí tengo que ir a la edición digital de La Voz, por que la de El Progreso de hoy no podré verla hasta mañana. Es evidente que los segundos no entienden el valor de internet y están en la misma situación que hace treinta años, cuando en Madrid se recibían los periódicos de Galicia al día siguiente de su pubicación.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *