Un ouro e tres pratas para queixos galegos nos premios Cincho

Os queixos galegos acadaron unha medalla de ouro e tres de prata na edición 2008 dos premios Cincho, que organiza a Junta de Castilla y León.

Como ven sendo habitual, os nosos queixos dominaron a categoría que inclúe os queixos de leite de vaca non cocida e de pasta dura ou semidura, na que as dúas medallas foron para queixos da Denominación de Orixe San Simón da Costa: ouro para a marca Don Crisanto e prata para Prestes, que xa conseguiron ouro e bronce, respectivamente, na Cata dos Queixos de Galicia.

As outras dúas medallas de prata foron para as marcas Larsa e Queinaga Tetilla, na categoría de queixos de vaca de pasta branda, na que o ouro foi para un queixo cántabro.

Por primeira vez participaron nos premios Cincho queixos procedentes do extranxeiro, que se impuxeron nas categorías de queixos de leite de vaca de pasta cocida (ouro para un parmesano e prata para un emmental), na de queixos de vaca con mofos na superficie (camenbert e brie) e na de queixo de leite de vaca cheddar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *