¿Remordementos?

Esta mañá, cando consultei a Guía Repsol na súa edición dixital, atopei na portada do apartado de gastronomía unha reportaxe sobre Santiago de Compostela que, polo que di, me parece foi realizado no verán. Pero non foi iso o que me chamou a atención senón a relación de restaurantes que van ao final, encabezada por Casa Marcelo e seguida doutras casas compostelás (Toñi Vicente, Ana, El Mercadito, La Tacita D’Juan) e de vilas próximas (Fogón Retiro da Costiña, Casa Bóveda).

Ata aí todo ben, pero resultoume curioso que en tódolos casos indica os soles acadados na guía Campsa de 2007 e non na de 2008 como sería lóxico, pensando, como penso, que a reportaxe é anterior á nova edición da guía.

Ocupacións inescusables de toda mañá de venres impedíronme profundizar no asunto, pero saín coa sensación de que a referencia á guía de 2007 se debía exclusivamente ao desexo de que Casa Marcelo figurase con soles na reportaxe, cando na edición de 2008 lle retiraron o que ostentaba, de forma inexplicable e inexplicada.

Volvo de novo á mesma páxina e comprobo que xunto coa reportaxe sobre Santiago de Compostela hai outra sobre Madrid. Neste caso os restaurantes aparecen coas súas calificacións de 2008.

¿Remordementos de conciencia de alguén polo feito o ano pasado?

One thought on “¿Remordementos?

  • 06 de Decembro de 2008 at 17:37 05Sat, 06 Dec 2008 17:37:52 +000052.
    Permalink

    La verdad es que algo raro si que es …

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *