Pan

Pan de Palas de Rei

Hai uns días, nunha comida con dous cociñeiros galegos, saiu a relucir o tema do pan, e se hai que cobralo ou non, e saiu fundamentalmente porque onde estábamos nos puxeron un pan espléndido, dese pan galego de toda a vida.

Quedamos convencidos os tres de que hai que cobralo, inda que non apareza reflectido na carta, o mesmo que se cobra o servizo, que tampouco aparece alí. Claro que hai dúas maneiras de cobrar o pan: especificando o seu custe na factura ou dividíndoo por adiantado no prezo dos pratos que compoñen a carta.

Hai moita xente á que lle desgusta ver na conta unha liña que di “pan… tantos euros”. Probablemente se estivera claramente especificado na carta o seu prezo e non se puxera na mesa sen previo encargo, ou polo menos sen preguntar ao cliente se o desexa, a cousa sería de outra maneira. Claro que entón habería quen protestase porque non lle puxeron pan ata que o reclamou. A cuestión é problemática.

O pan é un alimento humilde onde os haxa, pero ben podería ser un dos elementos diferenciadores dos restaurantes galegos. Galicia conta cun enorme catálogo de pans, dunha calidade impresionante, que non se ven habitualmente nas mesas dos nosos restaurantes. Habería que facer a lista de pans galegos e sairían moitos, de trigo, de millo, de centeo, de mestura, bolas de sartén, bolo do pote (que non deixa de ser outro pan)…

Mentres os nosos restauradores se van animando, deixo aquí unhas fotos de pan galego (o do comezo do artigo é de Palas de Rei, fotografado en Santiago de Compostela, en A Troia)

8 thoughts on “Pan

  • 04 de Decembro de 2008 at 12:34 12Thu, 04 Dec 2008 12:34:19 +000019.
    Permalink

    Ohh el pan, manjar exquisito e imprescindible para mí en la mesa (al menos en la mía). Yo sin pan no sé comer.

    No es la primera vez que un mal pan me estropea la comida, o un buen pan me sube a los altares …

    Una cosa que no entiendo son aquellos restaurantes, donde se come más o menos bien (tienen días como todos), y en cambio tienen un pan pésimo. No lo entiendo …

    Un lugar que recientemente visité, y en el cual había un muy buen pan de hogaza, fué Casa Marcelo en Santiago De Compostela, me comentaron que era de elaboración propia …

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 13:21 01Thu, 04 Dec 2008 13:21:34 +000034.
    Permalink

    Un bo pan nun restaurante é fundamental, eu opino que se o queres o deben de cobrar. É un producto coma outro calquera, agora ben, que non cobren a panadería enteira, como me pasou a min recentemente no Cierto Blanco.
    Miguel, engadiría á túa lista de pans que brilan pola súa ausencia nos restaurantes, a nosa esquisita e impresionante broa. Alquén a probou frita en aceite de oliva e con zucre por riba?.

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 17:38 05Thu, 04 Dec 2008 17:38:06 +000006.
    Permalink

    Tony, certifico que el pan de hogaza de Casa Marcelo lo hacen allí mismo puesto que he sido testigo en más de una ocasión de su entrada o salida en el horno. Son grandes hogazas de unos cuatro kilos cada una.
    Francisco, inda que non cita expresamente a broa si falo de pan de millo, do que existe un montón de tipos diferentes. Teño pendiente probar un pan, cocido sobre verza en Mesía, que venden agora na praza de abastos de Santiago.

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 20:25 08Thu, 04 Dec 2008 20:25:34 +000034.
    Permalink

    ai! o panciño…, a min non me parece normal que se cobre polo pan de maneira independente ós pratos, non da moito gusto velo na carta, pero moito peor é cando aparece de súpeto na facura. Se acaso metelo no prezo dos pratos. Aquí nas illas está moi extendida esta costume de cobralo todo sen avisar, e logo non foron capaces este verán de cobrarme 5€ polo servicio…

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 20:56 08Thu, 04 Dec 2008 20:56:18 +000018.
    Permalink

    Persoalmente creo máis oportuno que na carta se indique o custe do pan e o tipo de pan que nos van servir porque hai quen non come o pan (¿por que entón pagalo prorrateado no resto do menú?). Pero creo que non é so cuestión dos restaurantes, senón tamén dos clientes. Se nos poñen un pan dunha calidade inferior á do menú deberíamos devolvelo e esixir que non o cobren, o mesmo que devolveríamos un prato que non está correcto. Pero xa digo, sería preciso que nos indique a carta que pan nos van servir e a que prezo.

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 21:18 09Thu, 04 Dec 2008 21:18:59 +000059.
    Permalink

    …claro, visto así…, tamén depende de como o consideremos, haberá quen non come manteiga antes do aperitivo, ou os dips que están agora de moda, e non sería normal cobralos…; e o de esixir un pan de calidade…, non sei, en Galicia é normal comer bo pan, pero aquí hay poucos sitios que non sirvan pan precociñado, e os que o fan no restaurante son xa establecementos de moita categoría, esto lévame a dicir tamén, que aquí non hay boas panaderías, e o pan bo que se pode atopar é o pan payés feito para torrar, para o panboli, ou os llongets para bocatas, pero esos bolazos de pan compacto e sabroso, ou esas tortas, as barras, o pan de centeno, de millo,….que se comen en Galicia son outra historia. (que morriña!)

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 21:20 09Thu, 04 Dec 2008 21:20:52 +000052.
    Permalink

    …sería inxusto non dicir que existe algunha panedería alemana cun repertorio de pan moi interesante e de moita calidade.

    Reply
  • 04 de Decembro de 2008 at 23:32 11Thu, 04 Dec 2008 23:32:08 +000008.
    Permalink

    Quédalle unha posibilidade. Os que non comemos pan, e nos dá moita rabia reclamarlle “bórreme aí eses euros, que eu non comín pan”.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *