Medios

MediosA ver jefe, dous medios.

¿Dous medios de que?

Pois un de 43 e outro de Fockink.

A conversa, absolutamente real ata a última palabra, tivo lugar en calquera festa de verán de calquera parroquia na Mariña de Lugo aló polos comezos da década dos setenta do século pasado, cando os medios eran unha forma habitual de aproveitar por completo o contido das botellas de Coca Cola, que minguaron co paso do tempo e acabaron cun costume que podería volver agora que xa se atopan nos establecementos hostaleiros as novas botellas de 330 centímetros cúbicos.

Non lembro se daquela, falo da época dos medios as botellas eran de terzo, como estas novas, de cuarto ou de outra capacidade. Si sei que había moita máis cola que nas habituais de 200 centímetros cúbicos.

Pois vaia explicando logo qué son os medios

Como dixen, os medios eran a maneira de compartir unha botella de Coca Cola para facer dous cubalibres, actualmente cubatas. Para mellor entendemento aquí vai a receita:

Póñense sobre a barra dous vasos altos, tubo o semellantes, coa súa carga correspondente de xeo (algo que non había a todas horas naquelas festas). Para os nosos amigos colocaremos nun dos vasos unha lasca de limón e a cantidade necesaria de xenebra Fockink, que por entón era o máximo. No outro vaso non vai limón, que non se poñía co Licor 43 (un licor doce, amarelo, que causou furor nun tempo). Remátase a preparación cunha única Coca Cola e deixase que os clientes fagan o reparto da mesma segundo lles pete. Resultan dous cubalibres algo máis curtos do normal pero tamén máis baratos ao aforrar un refresco.

E como andamos inmersos de novo na crise: ¡Veñan dous medios!

2 thoughts on “Medios

  • 02 de Decembro de 2008 at 10:37 10Tue, 02 Dec 2008 10:37:28 +000028.
    Permalink

    Nunca che escoitara tal historia, quizáis porque daquela eu andaba a tomar papas ;-).

    O que si me gusta é a ilustración, fusionando lima cunha botella de Fockink que digo eu será polo menos “gran reserva” 😉

    Reply
  • 02 de Decembro de 2008 at 17:33 05Tue, 02 Dec 2008 17:33:09 +000009.
    Permalink

    Pois efectivamente a botella de Fockink ven daqueles anos e véselle ben na etiqueta e na capa de po que acumulou almacenada durante anos na trastenda da taberna de Lagoa, onde ma regalaron.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *