Un 10 para o Camiño Inglés

© Colineta, 18-11-2008.- Dez cociñeiros, dez viños, dez deseñadores, dez fotógrafos e 250 comensais protagonizarán a cea-desfile “Moda, gastronomía e viños do Camiño Inglés” que terá lugar o 28 de febreiro de 2009 no Hotel Finisterre da Coruña, organizado pola Asociación Provincial de Hostalería da Coruña en colaboración co Consorcio das Mariñas. Non se trata dunha profesión de fe dos organizadores no sistema métrico decimal, senón dunha homenaxe aos dez concellos que compoñen dito consorcio.

Os 250 participantes na cea-desfile terán ocasión de degustar os pratos de dez cociñeiros galegos de primeira fila, en harmonía con outros tantos viños elixidos pola asociación de sumilleres Gallaecia. E poderán ver o desfile protagonizado polas creacións de dez deseñadores galegos e a exposición fotográfica doutros tantos fotógrafos do país.

O menú e os cociñeiros responsables de cada prato son os seguintes:

– Empanada de masa de castaña con cachola (Xavier González, de A Rexidora)

– Lumbrigante con iogur y aroma de albahaca (Chus Castro, de Bitadorna)

– Mariñada de Vieira (Toñi Vicente)

– Lasaña de centola y mazá con bombón de queixo do Cebreiro e perlas wakame (Manicha Bermúdez, de La Taberna de Rotilio)

– Pescado da ría (Pepe Solla)

– Lombo de lamprea con cus-cus, sultanas, piñóns e o seu picatoste (Chef Rivera)

– A pataca do cocido (Pepe Vieira)

– Lombo de cervo (Héctor López, do Restaurante España)

– Xelatina de Pedro Ximénez e Roquefort (Pablo Gallego)

– Sobremesas caseiras variadas. (Ana Gago, de Casa Pardo).

Cada prato irá acompañado do correspondente viño galego.

Na web da organización atópase información sobre os deseñadores e fotógrafos, así como outras accións incluídas no programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *