Fabas e cogomelos en Acio

Fabas de Lourenzá con setas© Colineta, 17-11-2008.- O sábado, ao remate da primeira sesión dos talleres de Santiago Repetirás tiña unha cita na rúa Galeras. Iago Castrillón, cociñeiro e propietario do restaurante Acio convidarame a tomar un viño para agasallarme cunha tapa de fabas e cogomelos, sabedor como é de que me gustan unhas e outros.

Iago, natural de Lourenzá, mesturou nun prato unhas espléndidas fabas tenras da súa terra cun variado de cogomelos entre os que había níscalos e boletos, dominando o aroma destes últimos.

O prato, que está na carta do Acio a un prezo de seis euros, é, sinxelamente, redondo. Unhas fabas tenras, pura manteiga, con pel inapreciable, e a presenza dominadora do aroma dos boletos.

Despois da proba, na compaña dun Somontano elixido por Eva, a sumiller da casa, un ratiño de charla cos dous. Sen dúbida, Iago está chamado a darnos grandes satisfaccións cunha cociña moi asentada na tradición pero na que se nota o toque persoal, a sensibilidade do cociñeiro. Unha cociña que emocionará a que goce dos bos produtos e a cociña elaborada e na que a técnica e a tecnoloxía está ao servizo do prato e non ao revés

2 thoughts on “Fabas e cogomelos en Acio

  • 17 de Novembro de 2008 at 19:29 07Mon, 17 Nov 2008 19:29:14 +000014.
    Permalink

    ja!, onte á noite falaba con Iago de fabas e de blogs…e mira ti…

    Reply
  • 27 de Novembro de 2008 at 11:18 11Thu, 27 Nov 2008 11:18:57 +000057.
    Permalink

    No hay nada mejor en el mundo que unas fabes tiernas y mantecosas. Realmente es algo único. Lago lo debe de bordar.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *