As patacas de Botero

© Colineta, 12-11-2008.- Patacas que parecen esculturas de Botero, cenorias que semellan ter dúas pernas e cabeza e tantas outras curiosidades vexetais eran ata o de agora privilexio de agricultores e cultivadores ocasionais e o resto dos mortais tiñamos que conformarnos con miralas nos xornais ou na televisión.

[Lang_gl]Pero a Unión Europea acaba de aprobar una proposta da Comisión polo que desaparecen as normas que establecían formas e tamaños para 26 tipos de froitas e hortalizas, que poderán comercializarse sen límites. Trátase albaricoques, alcachofas, espárragos, berenxenas, aguacates, feixóns verdes, coles de Bruselas, cenorias, coliflores, cereixas, cabaciños, cogombros, cogomelos cultivados, allos, abelás con casca, repolos, porros, melóns, cebolas, chícharos, ameixas, apios, espinacas, noces con casca, sandías e endibias.

Para mazás, cítricos, kiwis, leitugas, melocotóns e nectarinas, peras, amorodos, pementos doces, uvas de mesa e tomates mantéñense teoricamente as actuais normas de comercialización, xa que os países membros poderán permitir a comercialización sen cumprir os requisitos de forma e tamaño sempre que se etiqueten axeitadamente

Foto: Patacas Habaneras, maioritariamente cultivadas en Galicia ata a chegada das variedades actuais

2 thoughts on “As patacas de Botero

  • 27 de Novembro de 2008 at 11:29 11Thu, 27 Nov 2008 11:29:50 +000050.
    Permalink

    ¿sabes algo más de estas Patatas Habaneras?

    Reply
  • 27 de Novembro de 2008 at 17:00 05Thu, 27 Nov 2008 17:00:01 +000001.
    Permalink

    Carlos, el lunes haré unas llamadas y en cuanto tenga novedades publico un post.

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *