Menú “ejecutivo” en Toñi Vicente

© Colineta, 10-11-2008.- Que as cousas non andan moi boiantes nestes días para a restauración é cousa ben sabida. Cada un loita contra a crise como pode ou sabe e se hai poucas semanas tratábamos aquí da implantación dun menú de crise no restaurante cambadés Pandemonium, agora é a cociñeira Toñi Vicente a que o fai.

Dende hai días Toñi Vicente ven ofrecendo un menú ejecutivo que o pasado venres se compoñía de:

– Aperitivo
– Salmón mariñado, gelée de tomate e xelado de queixo do Cebreiro.
– Risotto de moluscos e algas.
– Xarrete estufado con verduriñas.
– Sobremesa da casa.

Acompañado con Valtea (D.O. Rías Baixas) e Anta (D.O. Ribera del Duero) o prezo é de 35 euros máis IVE, é dicir, 40,6 euros.

O menú degustación habitual do restaurante continúa en 91,64 euros (IVE incluído), con bebidas aparte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *