Chorizos

© Colineta, 9-11-2008.En internet hai chorizos de diversas clases e un tipo habitual é o dos que pretenden facer diñeiro a costa do traballo dos demais. Son moitos. Capturan os post alleos e publicanos ás veces como propios e outras veces limítanse a poñer o nome do blog de onde proceden, sen un mísero enlace, sen respectar os dereitos de autor de quen pon no seu blog un Copyrithg, ou as condicións das licenzas Creative Commos doutros.

O seu obxectivo é crear tráfico cara ás súas webs ou blogs para rendibilizalo por medio de publicidade.

E todo iso fano de forma automática, sen o máis mínimo esforzo. Así que se están a ler este post nunha web ou blog que non sexa Colineta (www.colineta.com) e que non ofreza un enlace directo de cada post coa súa orixe fácil e rapidamente identificado pode que esteas lendo unha web pirata.

De ser así tes varias posibilidades: poñer Colineta entre os teus favoritos ou no teu lector de feeds e ler a fonte orixinal, avisarme da situación por correo electrónico ou seguir tranquilamente léndome a través dun pirata. Sexa cal sexa a túa elección, gracias por ler Colineta

3 thoughts on “Chorizos

  • 09 de Novembro de 2008 at 23:23 11Sun, 09 Nov 2008 23:23:24 +000024.
    Permalink

    Yo hasta ahora no me los encontré.

    Descuida que si me los encuentro te lo haré saber inmediatamente.

    Cuenta conmigo 🙂

    Reply
  • 10 de Novembro de 2008 at 00:42 12Mon, 10 Nov 2008 00:42:30 +000030.
    Permalink

    Tony, yo si me los encontré. Y están pirateando el trabajo de docenas de blogs.

    Reply
  • 14 de Novembro de 2008 at 06:22 06Fri, 14 Nov 2008 06:22:54 +000054.
    Permalink

    Pues es una jugarreta, pero poco se puede hacer …

    Y un blog da mucho trabajo. El blog mío, por ejemplo, y eso que es de andar por casa, cuando le cuento a la gente el tiempo invertido, me toman por mentiroso o exagerado …

    Reply

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *