Feiraco regala catro litros de Unicla aos seus clientes

© Colineta, 9-11-2008.Feiraco, a empresa láctea galega máis activa no mundo da investigación e desenvolvemento de novos produtos (lembren o seu Laban, o Yogu+ e agora o leite con omega 3 natural) está a desenvolver unha campaña de promoción do leite Unicla polo que reembolsa aos consumidores o importe de catro cartóns de leite con so remitir á firma láctea os códigos de barras. As bases da promoción, así como información adicional sobre o leite pódese atopar na web montada especialmente por Feiraco para este produto.

Doutra banda, a compañía está a remitir ultimamente mostras do leite a blogs gastronómicos para coñecer a opinión dos seus responsables. Colineta tivo a primicia do lanzamento, e do proba do propio produto, no pasado mes de agosto, e unha vez máis teño que dicir que Feiraco se está a converter nun exemplo a seguir pola industria láctea galega, que so con imaxinación poderá competir nun futuro cos xigantes europeos do sector

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *