I Mostra Gastronómica de Pontevedra

A primeira semana de novembro O Grove ofrecerá a tódolos visitantes a posibilidade de coñecer a súa mellor cociña a través da I Mostra Gastronómica de Pontevedra, na que participan oito restaurantes da localidade.

Cada día un dos restaurantes participantes ofrecerá un menú degustación cun prezo máximo de 50 euros. Os menús, que se poden consultar no blog oficial do evento, están compostos fundamentalmente de peixes e mariscos.

Os restaurantes participantes, así como a data en que ofrecerán o seu menú, son os seguintes:

Sábado 1 Novembro: Restaurante El Crisol

Domingo 2: Hotel Mirador Ría de Arousa

Luns 3: Talaso Hotel Louxo La Toja

Martes 4: Villa Juanita

Mércores 5: Don Mexilón 2

Xoves 6: A Solaina

Venres 7: Hostelería D’Berto

Sábado 8 Novembro: Airiños do Mar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *