Menú íntegramente con cogomelos en A Estación

Para os amantes dos cogomelos poucas cousas mellores pode haber que un menú no que as mesmas estean presentes desde o comezo ata o final da comida, incluíndo as sobremesas.

Ao longo de todo o mes de novembro Beatriz Sotelo e Juan Crujeiras ofrecen en A Estación (Cambre) un menú destas características, servido con algúns grandes viños da nosa terra.

Foto: Comedor de A Estación tomada de www.nove.biz

O menú de tempada proposto por A Estación comeza cun aperitivo acompañado de Portonic, un viño da D.O. Porto, para continuar con Ovo de curral con pataca, pisto de lactarius deliciosus e aceite de chourizo, e a compañía dun Ribeiro elaborado con treixadura: Terra Minei 07.

Seguirán a Vieira asada, con boletus edulis confitados e sésamo e o Lombo de bacalo en costra de cogomelos, coliflor e trompetas dos mortos, coa compañía dun albariño da D.O. Rías Baixas: Moraima 06.

A continuación o Pichón en dúas cocciones, raviolis e cogomelos de cultivo, con Lalama 05, elaborado con mencía e garnacha na D.O. Ribeira Sacra.

E para finalizar unha Copa de requeixo da Capela, compota de cantarelus cibarius e laranxa, en compañía dun Tostado do Ribeiro 04, un dos poucos viños naturalmente doces que se elaboran en Europa.

¿Tentador, non?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *